Hoxe entrevistamos a Vicky Polard unha banda de
rock de Santiago de Compostela. Para lelo en castelán CLICK AQUÍ.
1ª Como nace Vicky Polard e como vos coñecestes?:
1ª Como nace Vicky Polard e como vos coñecestes?:
Vicky Polard: Pois Vicky Polard nace
en 2010 cando Afonso (Batería) e Eu (Xulián Sambade) nos reencontramos no “Son
de Trazo” un festival de música en galego. Non nos víamos dende había moito
tempo e falando descubrimos que tiñamos os mesmos gustos e inquedanzas musicais
e despois de un par de días na súa casa tocando decidimos que nos gustaría
montar un grupo. Empezamos sendo nós sos e pronto se nos uniu un teclista André
que acabaría marchando, e Fiz García (Baixista). Aos poucos meses de comezar a
ensaiar no conservatorio nunha cabina de 5 metros cadrados decidímos que unha
guitarra máis lle daría máis chicha ao grupo e entrou Carlos Gómez (Solista).
Continuamos con esta formación durante dous anos e hai uns meses decidimos que
Manuel González (Guitarra) ex guitarrista dos Vizarros encaixaba perfectamente
coa banda e metémolo no grupo. Esta é a formación coa que nos estamos a mover
agora e esperamos que a definitiva.
2ª Como xurdiu o nome do grupo "Vicky
Polard"?:
Vicky Polard: Pois o nome do grupo
foi algo complicado. Nos rallamos mil veces a buscar nomes e pasamos por varios:
Glazz Factory, Spoonkillers,… Ao final un día decidimos facer un ritual. Cada
un dos membros, catro de aquela, puxo o nome que lle gustaba nun papel e
lanzámolos de costas. O papel que quedara máis lonxe era o nome do grupo. Gañou
Afonso, que puxera Vicky Pollard pola serie Little Britain. O final decidimos
que era mellor quitarlle un “L” para non dar lugar a confusións e así quedou.
3ª Quen compoñedes Vicky Polard e que instrumento
tocades cada un?:
Vicky Polard: Vicky Polard somos
Fiz García ao baixo, Carlos Gómez (Charlie) á guitarra, Manuel González (Suave)
á guitarra, Afonso Traficante á percusión, e Xulián Sambade ó micrófono.
4ª Quenes son os vosos referentes musicais?:
Vicky Polard: Os nosos referentes
musicais… Pois temos moitos. Cada un ten os seus gustos pero todos coincidimos
máis ou menos nun mínimo común denominador que serían: Pearl Jam, Smashing
Pumpkins, Cake, Beck, Alice in Chains, System of a Down, Ataque Escampe, Pink
Floyd, Das Kapital, Gorillaz, Mad Season, Blur,…etc. Eses serían uns dos
poucos que podemos decir.
5ª Que tipo de música fai Vicky Polard?:
Vicky Polard: Pois nos definímolo
como Grunge pero tampouco é unha etiqueta moi acertada, posto que o Grunge é
unha corrente que naceu nos noventa pero que ao contrario que outros estilos
non tivo unha continuación anos despois. Poderíamos dicir que o grunge nace nos
90 e morre co cambio de século. Tamén é certo que moitas das nosas influencias
tanto á hora de facer as letras a música… etc. Parten de música desa época e
desa mesma filosofía. Para deixalo máis aberto diremos que facemos Rock
Alternativo con cheiro ós 90.
6ª Que intentades expresar coas vosas cancións?:
Vicky Polard: De moito e de nada.
Adoitamos falar de moitas cousas pero sen centrarnos en ningunha en concreto.
Os temas centrais das nosas letras poden ser o medo, a rabia, a morte, o
sufrimento, a empatía… Tamén o amor, ou ese existencialismo gilipollas
adolescente se percibe en algunhas delas. Sobre todo das preocupacións máis
cercanas a nós. Hacendado por exemplo é a nosa crítica á actual sociedade de
consumo. Nós interpretamos dun xeito as nosas letras pero gustaríanos tamén que
cada un as interprete como queira.
Vicky Polard: Nunca tivemos ningunha
situación moi graciosa á verdade, pero si algunha anécdota provocada por unha
barra libre dende as catro da tarde tocando á unha da mañá. Esa foi en Coruña
pero tampouco é algo que mereza a pena contar.
8ª Tedes algunha manía antes de saltar o escenario?:
Vicky Polard: Adoitamos darnos
ánimos e saír coa mentalidade de pasalo o mellor posible tocando o mellor que
poidamos pero o máis importante é que o pasemos de puta nai. Moitas veces das
un bo concerto pero non estás animado e eso acábase notando. O mellor e saír
coa sensación de que o pasaches como nunca e de que a xente o pasou teta. Tamén
adoitamos beber un chupito de licor café antes de saltar ao escenario.
9ª Que nos podedes contar do voso CD
"42"?:
Vicky Polard: Que é o froito de 2
anos de duro traballo e de selección dos temas que máis nos gustaron ata o de
agora. Compoñemos moi pouco a pouco e gústanos pararnos moito no que facemos.
Ao fin e ao cabo a que máis lle importa que soe ben é a nós. Facemos a música que
nos gusta a todos, funcionamos un pouco como unha democracia, pero unha real, e
o “42” é o resultado diso do traballo en equipo, dos ensaios das encerronas en
Ordes e do esforzo.
10ª Internet, é unha axuda ou unha ameaza para a
música?:
Vicky Polard: Internet é un pouco
de cada. É un ente bastante bipolar, pero é necesario. Foi capaz de dar a
posibilidade de achegar a música de maneira gratuíta a milleiros de persoas que
antes non tiñan acceso. Ó mesmo tempo considérase a destructora da industria
discográfica, pero que se joda a industria discográfica. Nunca se escoitou
tanta música nin foi tan accesible, claro que inda que non se vendan discos a
industria é a mesma e os que se comen o cotarro son os 4 de sempre que teñen a
pasta e algún afortunado que consigue saír adiante. O resto sobrevivimos. Pero
sen queixa. Para nós internet por dicilo así é o mellor e máis barato medio de
promoción que temos así que agradecémoslle o seu servicio.
11ª Con quen vos gustaría tocar algunha vez?:
Vicky Polard: Postos a ser
soñadores, con Cake. Sería unha das nosas maiores ambicións, tres de nós
somos moi frikis dese grupo e sería brutal tocar con eles e poder velos
despois. Postos a ser realistas, voltar a tocar con Ataque Escampe. É unha das
nosas bandas favoritas e é un grupo ó que lle temos moito respecto por seren
capaces de desmarcarse do bravú e ofrecer algo orixinal e xenial tanto no
instrumental como nas súas letras.
12ª Onde vos gustaría dar un concerto?:
Vicky Polard: Calquera sitio que se
precie para tocar será un sitio ideal para nós.
13ª En decembro sacastes o voso disco
"42", Como foi o recibimento do público?:
Vicky Polard: Nos sorprendeu
positivamente. A verdade e que tivemos boas críticas sobre todo por parte de
músicos e de xente que escoita música do mesmo pao que a nosa. Ao final é ao
público ó que nos diriximos e por eso estamos moi agradecidos.
14ª ¿Que vos pareceu a
experiencia de ser os teloneiros de Heredeiros da Crus?
Vicky Polard: En unha palabra BRUTAL.
15ª E por último, supoño que sodes ambicioso como
todo o mundo, Onde credes que podedes chegar?:
Vicky Polard: Con poder seguir sacando discos e
tocando xuntos moitos anos máis estaríamos contentos. Tamén nos gustaría tocar
moito máis do que tocamos agora. Por causas loxísticas e polos estudos témolo
difícil para movernos moito. Un dos nosos próximos obxectivos sería moverse
máis.
No hay comentarios:
Publicar un comentario